
Como obter a tarxeta-bono?
Que é a tarxeta-bono O Carballiño Contigo?
É unha tarxeta prepago cargada cun saldo de 50 € para a realización de compras ou pagos nas empresas adheridas ao programa “O Carballiño Contigo” previo pago de 25€.
Cando a podo obter?
- 28 de decembro de 17:00 a 21:00
- 29 e 30 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
- 31 de decembro de 10:00 a 15:00
Próximamente publicaremos as novas datas dispoñibles para obter a tarxeta-bono
Onde?
Na Oficina de Turismo do Carballiño ubicada na Alameda. CWJC+FV O Carballiño Ligazón á localización
Requisitos para solicitar a tarxeta de xeito presencial
- Ser maior de 18 anos
- Presentar orixinal do DNI
- Cubrir e asinar o consentimento para o tratamento de datos que estará dispoñible nos puntos de entrega e tamén podes descargar AQUÍ
- Facer o pago de 25€ con tarxeta de crédito/débito ou en efectivo entregando o importe exacto (non se disporá de cambio)
SO SE PODERÁ SOLICITAR UNHA TARXETA BONO POR PERSOA QUE SE IDENTIFICARÁ POLO SEU NÚMERO DE DNI
Requisitos para solicitar a tarxeta mediante persoa autorizada
- Ser maior de 18 anos
- Presentar fotocopia do DNI da persoa que solicita a tarxeta bono dando autorización a persoa que a vai recoller coa lenda “Autorizo a …. co DNI… a recoller a miña tarxeta-bono” e asinalo
- DNI Orixinal da persoa autorizada
- Cubrir e asinar o consentimento para o tratamento de datos que estará dispoñible nos puntos de entrega e tamén podes descargar AQUÍ
- Facer o pago de 25€ con tarxeta de crédito/débito ou en efectivo entregando o importe exacto (non se disporá de cambio)
SO SE PODERÁ SOLICITAR 1 TARXETA BONO POR PERSOA QUE SE IDENTIFICARÁ POLO SEU NÚMERO DE DNI
CADA PERSOA QUE SE ACHEGUE AO PUNTO DE RECOLLIDA PODERÁ RECOLLER UN MÁXIMO DE 3 TARXETAS BONO CORRESPONDENTES A 3 PERSOAS DISTINTAS
En que establecementos a podo utilizar?
Podes consultar o listado de establecementos pinchando AQUÍ
Hasta cando podo gastar o saldo da tarxeta bono?
Tes até o 31 de xaneiro de 2021 para gastar o saldo da tarxeta bono, unha vez pasada esa data, a tarxeta non terá validez