INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS – PROGRAMA TARXETA BONO O CARBALLIÑO CONTIGO
Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento.
A responsabilidade do tratamento dos datos é da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, cuxo representante legal é o seu presidente, don Julián Garriga Crespo, con domicilio para os efectos de notificacións na Rúa de Carlos Velo, 2, 32500 O Carballiño e correo electrónico: info@ocarballinocontigo.com
O Delegado de Protección de Datos da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto éDelia Pérez Rodríguez (AUDAT PROTECCIÓN DE DATOS) coa que poderá contactar en lopd@ocarballinocontigo.com Co fin de dar a publicidade esixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente resolución a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón o Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto.
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través do correo electrónico lopd@ocarballinocontigo.com ou presencialmente nas oficinas da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto.
Os datos facilitados poderán ser obxecto de cesión a terceiros para o cumprimento de funcións directamente relacionadas cós fins lexítimos do Responsable de tratamento e, en particular, poderán ser comunicados ás seguintes entidades:
- Abanca Corporación Bancaria, S.A., entidade financeira á cal se lle cederán os seus datos como beneficiario, para a única finalidade de emitir, estampar e gravar as tarxetas, envialas aos beneficiarios e realizar cantos procesos e operacións sexan precisos para a activación e xestión das tarxetas, así como para a tramitación das operacións de pagamento realizadas a través das mesmas. Nesta cesión de datos a Abanca Corporación Bancaria, SA para o tratamento antes descrito, informámoslle que ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos
mesmos fronte Abanca Corporación Bancaria, SA no Servizo de Atención ao Cliente de Abanca, en C/Rúa Nueva 1, Entreplanta, 15.003, A Coruña; ou a través do correo atencioncliente@abanca.com; e de que poderán consultar a información completa sobre o tratamento dos seus datos pola entidade bancaria na súa política de privacidade publicada na web: https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad/. - Administración Pública Autonómica ou calquera organismo público directamente relacionado coa Administración Pública Local que requira información para dar cumprimento aos requisitos establecido legalmente.
- Forzas e corpos de seguridade do Estado, policía local, servizos de emerxencia, servizos sociais, servizos de saúde e benestar coa finalidade de prestar unha atención integral ós usuarios.
- Órganos xuridiccionáis, en orde a manter unha cooperación e coordinación axeitada coa Administración de Xustiza
Se considera que non atendemos correctamente os seus dereitos, poderá formular unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de datos, a través das seguintes vías:
- Sede electrónica: www.aepd.es
- Correo postal: C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid
- Teléfono: 901 100 099 – 91 266 35 17