Bases do programa

Resolución para empresas

Condicións de adhesión e participación de establecementos no programa de reactivación da economía local do proxecto O Carballiño Contigo

Primeiro.- Obxecto O obxecto desta Resolución é establecer o procedemento e as condicións que deben reunir os establecementos para participar no programa de reactivación da economía local no Concello do Carballiño a través das tarxetas bono O Carballiño Contigo.

Segundo.- Requisitos dos establecementos participantes Poderán solicitar a súa adhesión as persoas físicas ou xurídicas que teñan o seu domicilio fiscal ou que desenvolvan a súa actividade económica no termo municipal do Carballiño e que cumpran os seguintes requisitos: Poden participar todos os establecementos excepto os espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados), as estacións de serrvizo de combustible e as salas de xogo/apuestas. Que dispoñan de Terminal Punto de Venta (TPV) con número de comercio que os identifique no servizo de pagamentos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.

Terceiro.- Duración do programa As transaccións económicas coa tarxeta bono “O Carballiño Contigo” poderanse realizar entre o 15 de decembro de 2020 e o 31 de xaneiro de 2021.

Cuarto.- Relacións coas persoas beneficiarias do programa As persoas beneficiarias poderán utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial, así como completar os pagamentos, de non ter saldo suficiente, con outras formas de pagamento admitidas polo establecemento. No caso de devolucións de produtos que se tiveran adquirido coa tarxeta, o establecemento non poderá, en ningún caso, ofrecer diñeiro en efectivo. Poderase cambiar por outra compra ou gasto de prezo igual ou superior, asumindo nese caso a persoa usuaria a diferencia.

Quinto.- Prazo e forma de presentación das solicitudes O prazo de presentación das solicitudes de adhesión dos establecementos estará aberto desde o día 1 de decembro ata o 15 de decembro de 2020, ámbolos dous incluídos. As solicitudes presentaranse empregando o formulario que estará dispoñible na web ocarballinocontigo.com.

Sexto.- Obrigas dos solicitantes Os establecementos solicitantes obríganse ao cumprimento das seguintes condicións na prestación dos servizos ou produtos: 

  • Dispor dun terminal de punto de venda (TPV) para a realización da transacción de compra do ben ou servizo a través da tarxeta moedeiro “O Carballiño Contigo”. Para os efectos da validación da TPV, o establecemento adherido deberá facilitar o número/ s de comercio de que dispoña á entidade bancaria colaboradora.
  • Recepción e colocación dos materiais informativos da Campaña, nun lugar visible do establecemento. Dita documentación consistirá en: Bases da campaña. 
  • Cartel identificativo da mesma.
  • Dar a adecuada publicidade da campaña na súa web e redes sociais, se as tiveran, empregando en todo caso a imaxe oficial da mesma e o logo da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto en toda comunicación que realicen vinculada co proxecto. 
  • Velar polo cumprimento estrito das bases da campaña e comnicar a O Carballiño Contigo calquera incidencia ou mal uso dos bonos que poidan observar nas súas instalacións. 
  • Non devolver, en ningún caso, o importe destes bonos por diñeiro en efectivo. En caso de devolucións, o importe do bono poderá ser trocado por outra compra ou gasto de prezo igual ou superior, asumindo nese caso a persoa usuaria a diferenza.

Sétimo.- Publicidade A relación de establecementos adheridos figurará na web ocarballinocontigo.com para que as persoas beneficiarias das tarxetas dispoñan en todo momento do listado de participantes.

Oitavo.- Información básica sobre protección de datos persoais Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento. A responsabilidade do tratamento dos datos é da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, cuxo representante legal é o seu presidente, don Julián Garriga Crespo, con domicilio para os efectos de notificacións na Rúa de Carlos Velo, 2, 32500 O Carballiño e correo electrónico: info@ocarballinocontigo.com O Delegado de Protección de Datos da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto é Delia Pérez Rodríguez (AUDAT PROTECCIÓN DE DATOS) coa que poderá contactar en lopd@ocarballinocontigo.com Co fin de dar a publicidade esixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente resolución a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón o Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través do correo electrónico lopd@ocarballinocontigo.com ou presencialmente nas oficinas da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto. A Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto comunicará á entidade Abanca Corporación Bancaria S.A. os seguintes datos relativos aos establecementos adheridos: nome comercial, tipoloxía de negocio, localización e os números de comercio con que as TPV dos establecementos estean identificados no servicio de pagamentos. Para estes efectos, as entidades adheridas, xa sexan persoas xurídicas ou negocios cuxo titular sexa un autónomo, autorizan expresamente a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto para comunicar os datos á entidade Abanca Corporación Bancaria S.A. A entidade Abanca Corporación Bancaria S.A. tratará os datos que reciba do Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto coa finalidade de vincular as tarxetas bono “O Carballiño Contigo” emitidas aos establecementos e aos seus números de comercio con que as TPV estean identificados no servizo de pagamentos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.

Noveno.- Resolución da adhesión Serán causas de resolución da adhesión as seguintes: 

  • O incumprimento total ou parcial de calquera das cláusulas establecidas na presente resolución. 
  • O acordo unánime de todas as partes. 
  • A decisión xudicial declarativa da nulidade da adhesión. Ademais das causas de resolución, a adhesión ao programa extinguirase polo cumprimento do seu prazo, o día 15 de decembro de 2020.

Política de Privacidade

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google