
A partir do día 28 de decembro as 17h poderás recoller a túa tarxeta bono pincha para máis información
Solicitando esta tarxeta, estás contribuíndo á mellora da situación económica do noso comercio e ademáis de aplicar un criterio de universalidade social local, xa que os bonos estarán a disposición de todas as persoas maiores de idade; o programa contribúe a fomentar a economía circular, porque só serán válidos no Carballiño; a reactivar a economía, porque poderán gastarse nas empresas afectadas pola declaración do estado de alarma, e a implicar a toda a cidadanía no reto da reactivación e o consumo local.
A campaña terá un gran impacto na vila, xa que se distribuirán un total de 2.000 tarxetas, e ademáis, dado que haberá que gastar os bonos nun prazo determinado , garántese a recuperación do consumo a curto prazo.
A maiores, a iniciativa persegue a sensibilización da poboación máis nova co consumo de proximidade fronte ás grandes superficies e a venda online e ofrece ás empresas participantes a oportunidade de fidelizar a súa clientela.
Poderás facer uso de esta tarxeta prepago ata o 28 de febreiro.

Como obter a tarxeta-bono?
Que é a tarxeta-bono O Carballiño Contigo?
É unha tarxeta prepago cargada cun saldo de 50 € para a realización de compras ou pagos nas empresas adheridas ao programa “O Carballiño Contigo” previo pago de 25€.
Cando a podo obter?
- 28 de decembro de 17:00 a 21:00
- 29 e 30 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
- 31 de decembro de 10:00 a 15:00
Próximamente publicaremos as novas datas dispoñibles para obter a tarxeta-bono
Onde?
Na Oficina de Turismo do Carballiño ubicada na Alameda. CWJC+FV O Carballiño Ligazón á localización
Requisitos para solicitar a tarxeta de xeito presencial
- Ser maior de 18 anos
- Presentar orixinal do DNI
- Cubrir e asinar o consentimento para o tratamento de datos que estará dispoñible nos puntos de entrega e tamén podes descargar AQUÍ
- Facer o pago de 25€ con tarxeta de crédito/débito ou en efectivo entregando o importe exacto (non se disporá de cambio)
SO SE PODERÁ SOLICITAR UNHA TARXETA BONO POR PERSOA QUE SE IDENTIFICARÁ POLO SEU NÚMERO DE DNI
Requisitos para solicitar a tarxeta mediante representante
- Ser maior de 18 anos
- Presentar fotocopia do DNI da persoa que solicita a tarxeta bono autorizando ao representante que a vai recoller
- Cubrir e asinar o consentimento para o tratamento de datos que estará dispoñible nos puntos de entrega e tamén podes descargar AQUÍ
- Facer o pago de 25€ con tarxeta de crédito/débito ou en efectivo entregando o importe exacto (non se disporá de cambio)
SO SE PODERÁ SOLICITAR 1 TARXETA BONO POR PERSOA QUE SE IDENTIFICARÁ POLO SEU NÚMERO DE DNI
CADA PERSOA QUE SE ACHEGUE AO PUNTO DE RECOLLIDA PODERÁ RECOLLER UN MÁXIMO DE 3 TARXETAS BONO CORRESPONDENTES A 3 PERSOAS DISTINTAS
En que establecementos a podo utilizar?
Podes consultar o listado de establecementos pinchando AQUÍ
Hasta cando podo gastar o saldo da tarxeta bono?
Tes até o 28 de febreiro de 2021 para gastar o saldo da tarxeta bono, unha vez pasada esa data, a tarxeta non terá validez
Se tes máis dúbidas consulta as preguntas frecuentes pinchando AQUÍ ou escríbenos a info@ocarballinocontigo.com